Punto e Coma 3.7

5 star(s) from 43 votes
Rúa Castelao, 2
Allariz, 32660
Spain

About Punto e Coma

Punto e Coma Punto e Coma is a well known place listed as Gift Shop in Allariz ,

Contact Details & Working Hours

Details

Querémosvos presentar Punto e Coma, un novo concepto de obxectos bonitos, de chuladas, que ademais nomea a nosa tenda en Ourense (Rúa da Paz 15). Punto e Coma reúne nun mesmo proxecto as experiencias da libraría Aira das Letras, Galería Circular e de Impresión Arte.

Nas tendas Punto e Coma poderás encontrar as liñas de produto personalizado da propia empresa mais tamén obxectos de regalo de gran calidade, beleza e orixinalidade para crianzas e público adulto. Contamos coa liña de xogos, crebacabezas e demais brinquedos da casa catalá Londji, que nestes anos foi gañando prestixio grazas aos seus obxectos ilustrados: puzzles, xoguetes tradicionais e modernos (buxainas, ioiós, tatuaxes efémeras, xogos de intelixencia…) Tamén poderás adquirir obxectos para a casa e para a oficina nos que prima o deseño: útiles que che fan a vida máis doada ou que engaden ese punto bonito ao teu ambiente cotián. Para satisfacer a demanda de quen busca regalos diferentes e máis con garantía de éxito asegurado, as tendas Punto e Coma disporán dunha relevante liña de libro infantil e ilustrado.

Facéndote amig@ de Punto e Coma* desfrutarás dun 10% de desconto nos nosos produtos (libros 5%) e outras vantaxes, como gozar dos mesmos descontos na libraría Aira das Letras e obter un 5% de desconto nos obradoiros de Galería Circular.

*Facéndote amigo de Punto e Coma serás automáticamente amigo de Aira das Letras e de Galería Circular.