Fundación USC Deportiva 2.69

Edificio FEUGA (despachos 2 e 3). Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n
Santiago de Compostela, 15705
Spain

About Fundación USC Deportiva

Fundación USC Deportiva Fundación USC Deportiva is a well known place listed as Sports & Recreation in Santiago De Compostela , Organization in Santiago De Compostela ,

Contact Details & Working Hours

Details

A Fundación USC Deportiva é unha entidade prestadora de servizos deportivos que ten como obxectivos corporativos:

- Organizar, preparar e apoiar eventos relacionados coa actividade físico-deportiva a celebrar na Comunidade Autónoma Galega.

- Realizar actividades encamiñadas a involucrar os medios de comunicación no proceso de divulgación, promoción e fomento da práctica deportiva.

- Celebrar cursos, seminarios, conferencias, etc.. para a formación de universitarios, técnicos e deportistas, así como a elaboración, edición, publicación e venda de libros, revistas, folletos, material audiovisual e material multimedia, ou actividades semellantes relacionadas cos fins da Fundación.

- Xestionar o uso e/ou explotación de instalacións deportivas e equipamentos de titularidade propia ou allea.

- Colaborar coas administracións públicas e con institucións e empresas públicas e privadas para o fomento do deporte universitario.

- Calquera outra actuación que, directa ou indirectamente, favoreza a mellora do deporte e a práctica deportiva na Comunidade Autónoma de Galiza.

- Xestionar o deporte federado da USC.

- Organizar representacións culturais, musicais, cinematográficas, teatrais, coreográficas, circenses ou actividades semellantes, que contribúan aos fins da Fundación.

A Fundación USC Deportiva constituiuse o 9 de novembro de 2007, clasificada de interese deportivo por Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de decembro de 2007 e declarada de interese galego por Orde da Consellería de Cultura e Deporte do 28 de decembro de 2007. A súa andaina institucional iniciouse efectivamente en 2008.