Centinelas Santiago 2.67

Rúa Roma 7 bajo
Santiago de Compostela, 15707
Spain

About Centinelas Santiago

Centinelas Santiago Centinelas Santiago is a well known place listed as Organization in Santiago De Compostela ,

Contact Details & Working Hours

Details

A Asociación Centinelas é unha entidade apolítica, aconfesional e sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos sociais da Xunta de Galicia.

A súa constitución ten lugar no ano 2013 na cidade de Santiago de Compostela como resposta a unha demanda social crecente: a de prestar un apoio integral a mulleres e familias que por diversas razóns se atopan en situación de vulnerabilidade social e en grave risco de exclusión.

Na actualidade presta atención a máis dun centenar de familias residentes en Santiago e concellos limítrofes, e conta cun equipo humano cualificado para ofrecer unha atención integral que inclúe apoio psicolóxico, mediación familiar e intercultural, espazos para a conciliación familiar, formación, atención socioeducativa a menores, entre outros. Ademais, Centinelas xestiona un banco de recursos e axudas de atención básica á infancia, no que participa persoal voluntario e que é posible grazas á implicación de persoas e entidades colaboradoras.

Todas as actividades que se desenvolven na asociación fan que CentinELAS constitúa un centro de referencia para estas familias. A proximidade no trato, a resolución dos seus problemas e a sensibilidade ás dificultades específicas das mulleres son as que fan posible esta confianza.

¿POR QUÉ "CENTINELAS"?

O nome escollido para a asociación, “CentinELAS”, pretende facer honra aos seus principios e finalidades fundacionais, xa que atendendo á súa definición etimolóxica, o concepto de centinelas vincúlase á función de vixilancia, pero non nun sentido de control, senón tal e como se recolle no dicionario, no sentido de “velar sobre alguén ou sobre algo, ou atendelo de maneira exacta e coidadosa”.

Estes dous termos EXACTA e COIDADOSA constitúen os alicerces da atención que en CentinELAS lle queremos prestar ás nosas usuarias e ás súas familias. Unha atención personalizada e humanizada, consciente de que as persoas constitúen o capital máis valioso.

Ademais de identificarse cos piares nos que asentamos o noso traballo, o nome de CentinELAS recolle na súa gramática un elemento esencial para nós, ELAS, todas e cada unha das mulleres que acoden á Asociación na procura de solucións e alternativas que lles permitan mellorar a súa situación de vulnerabilidade.

¿A QUEN AXUDAMOS?

A desigualdade de xénero no ámbito da exclusión social estase a agravar de xeito alarmante, dando lugar a unha feminización da pobreza que se produce como resultado dunha tripla discriminación: a de unha persoa que é muller, nai, e se atopa en desvantaxe social por razóns económicas.

Se a maiores do anterior engadimos ter a condición de inmigrante, dispoñer dunha escasa formación e habilidades para afrontar a maternidade, escasas habilidades sociais e hábitos prelaborais básicos, falta de formación, ter unha diversidade funcional, ser vítima de violencia machista ou da prostitución, xoven sen apoio familiar, ou ser familia monoparental, entre outras, estas dificultades agrávanse aínda máis.

Ao falar de mulleres que maioritariamente son nais, todas as dificultades descritas redundan tamén nas súas crianzas, que se converten en menores en situación ou risco de exclusión. É por isto que en CentinELAS actuamos nunha dobre canle: por un lado, traballando coas nais no tocante ás súas necesidades, e polo outro desenvolvendo actividades de atención psicopedagóxica e de reforzo socioeducativo cos menores.

Nais e crianzas, como parte dunha mesma díada, son o principio e o fin da nosa atención.