AGAMFeC 2.45

Calle Ferrol, 2
Santiago de Compostela,
Spain

Contact Details & Working Hours

Details

A AGAMFEC é unha asociación médica científica e profesional, sen ánimo de lucro, que vela polo adecuado desenvolvemento da Medicina Familiar e Comunitaria en Galicia. É algo máis ca unha axencia prestadora de servicios ou que unha asociación defensora de intereses corporativos.

A AGAMFEC busca sumar esforzos e ilusións. Pretende reunir e representar a todo o colectivo médico de Atención Primaria e servir de canle para asumir a corresponsabilidade no proceso de mellora e modernización da nosa sanidade.

A AGAMFEC quere xogar un papel fundamental no desenvolvemento da Medicina de Familia e Comunitaria e da Atención Primaria en Galicia, aglutinando aos especialistas en MFC e demais profesionais de Atención Primaria do noso país, e asumindo a súa defensa e representación.

A AGAMFEC está dirixida por unha Xunta Directiva renovable cada dous anos. Articúlase en Seccións (Docencia, Investigación, PAPPS, Prensa e Relacións coa semFYC) e Grupos de Traballo, coa pretensión de canalizar a máxima participación dos seus asociados.

A AGAMFEC está integrada na estructura federal da semFYC, sociedade que agrupa ás 17 sociedades autonómicas do estado, constituíndo a sociedade científica médica de maior actividade e implantación, chegando na actualidade (decembro do 2005) a reunir a máis de 17.000 profesionais de todo o estado español.

OTHER PLACES NEAR AGAMFEC

Show more »