Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo 3.63

4.8 star(s) from 23 votes
Lugar San Marcos, s/n
Abegondo, 15318
Spain

About Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo is a well known place listed as Organization in Abegondo ,

Contact Details & Working Hours

Details

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” foi declarada pola UNESCO o 28 de Maio de 2013. A candidatura promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”, ten contado co apoio da Deputación Provincial da Coruña, a Xunta de Galicia, os dezasete Concellos que a conforman, así como diversas entidades asociativas, universidades ou organizacións empresariais e de traballadores.

A Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” abrangue un total de 113.970 ha, que representa o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza- Cesuras, Paderne, Sada, Curtis e Sobrado.


Os obxectivos da Reserva de Biosfera son:
A conservación da biodiversidade e da diversidade cultural.
Un desenvolvemento social e económico, respectuoso co medio natural.
A consecución dun bo uso dos recursos naturais, culturais e sociais.
O fomento da participación dos cidadáns, a formación e a educación.
Incentivar e potenciar as iniciativas ligadas ó turismo sostible.
Situar ó territorio no mapa mundial e dar prestixio ós seus produtos e empresas.

As principais liñas estratéxicas do seu Plan de Xestión, son as seguintes:

- Posta en marcha, Comunicación e Cooperación.
- Entorno Socioeconómico, Emprendemento e Cambio Climático.
- Sostibilidade do medio rural e mariño, producións e servizos.
- Ciencia e desenvolvemento de capacidades.
- Conservación dos recursos naturais e patrimoniais.