Museo Pazo de Tor 4.09

4.9 star(s) from 67 votes
Tor
Monforte del Lemos, 27591
Spain

About Museo Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor Museo Pazo de Tor is a well known place listed as Museum in Monforte Del Lemos , Museum/art Gallery in Monforte Del Lemos ,

Contact Details & Working Hours

Details

O Pazo de Tor esta situado nunha elevación que lle serve de miradoiro sobre o val de Lemos na parroquia de San Xoán de Tor, pertencente ó concello de Monforte de Lemos. As orixes do pazo están ligadas á liñaxe dos Garza no século XIV e a súa posesión mantívose en mans dos seus descendentes directos ata a súa derradeira propietaria Dona María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga que fixo doazón da propiedade á Excelentísima Deputación Provincial de Lugo.

O edificio foi construído no último tercio do século XVIII aínda que conserva algún vestixio anterior e foi tamén afectado por algunha reforma posterior (como as reparacións efectuadas tralo seu incendio polas tropas napoleónicas). É encadrable dentro do estilo barroco, de longa persistencia en Galicia, pero xa matizado por certo sentimento estético neoclásico, visible na súa sobriedade, simetría e emprego das ordes clásicas.

Os elementos decorativos concéntranse nas fachadas e a organización interna do edificio diferencia claramente un baixo de servizo que alberga as dependencias necesarias en toda facenda agropecuaria (cocheiras, adegas, cortes, tullas, vivenda dos criados e caseiros...) e un primeiro andar reservado a residencia dos donos do pazo.

Cando a Deputación Provincial de Lugo recibe a doazón do pazo acomete unha serie de obras de acondicionamento e mellora do edificio, respectando escrupulosamente a súa estrutura e distribución. A un tempo desde o Museo Provincial procédese a musealización do pazo que se abre ós visitantes o día 13 de xullo do ano 2006.

A visita ó Pazo de Tor non só permite coñecer de primeira man unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega, permite tamén coñecer integramente todas as salas e dependencias do mesmo, co seu mobiliario orixinal e coas coleccións artísticas que a familia foi atesourando ó longo dos séculos, un testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna.