Grupo Scout ILEX 695 2.93

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27
Orense, 32004
Spain

About Grupo Scout ILEX 695

Contact Details & Working Hours

Details

Nos definimos como unha entidade independente, formada libremente por persoas moi heteroxéneas pero ás que nos une un ideal educativo que busca favorecer o desenvolvemento do espíritu crítico no proceso de crecemento persoal das mozas e mozos cos que traballamos, facendo deles mellores persoas, activas e coa ambición a contribuir a constuir un mundo mellor.

Formamos parte da federación ASDE – Scouts de Galicia, que a súa vez forma parte de ASDE – Scouts de España mediante a que somos parte tamén da Organización Mundial do Movemento Scout, que da cobertura a máis de 40 millóns de scouts en activo no mundo sendo recoñecida pola ONU como a organización xuvenil máis extensa do mundo.

Somos totalmente independentes dos partidos políticos ou de calquera relixión ou igrexa, polo que nos definimos como un colectivo laico, aínda que somos absolutamente respectuosos coas crenzas persoais de calquera persoa que nunca serán un impedimento para participar plenamente no noso colectivo. Entendemos que a defensa do noso medio ambiente é unha obriga ineludible e facemos esta defensa extensiva á nosa cultura e a nosa lingua, e por suposto estamos fondamente comprometidos coas causas sociais, buscando sinerxias con outras entidades, públicas ou privadas, para brindarnos apoio mútuo na consecución dos obxectivos que compartamos.