Dado Dadá Jazzclub 4.52

Alfredo Brañas 19
Santiago de Compostela, 15701
Spain

About Dado Dadá Jazzclub

Contact Details & Working Hours

Details

O Dado-Dadá é un Club de Jazz no que ademais teñen lugar outros actos culturais. Dende 1980 ano en que abreu as súas portas ó publico, ten unha intensa e variada actividade: musica jazz, clasica, folk, canción de autor, maxia, teatro, contacontos, presentación de libros e discos, conferencias, proxección de curtametraxes,...

Dende a presentación dos primeiros discos de Milladoiro desfilaron polo seu pequeno escenario grandes artistas tanto nacionais como internacionais: Pedro Iturralde, Barry Harris, Raimundo Amador, Juan Tamariz, Anthony Blake, Pepe Carrol, Ismael Serrano, Javier Krahe, Amaral...

Colabora no ámbito nacional co Instituto da Xuventude (INJUVE) na promoción de xoves músicos e con "Artistas en Ruta"(AIE) para a súas xiras.

E a sede da Asociación Cultural galega 'A Musa' (Asociación de Música e Arte),é tamen o punto de encontro dos Magos galegos...

Foi escenario da gravación do último disco do Mestre do Jazz español, Pedro Iturralde, titulado 'Etnofonías. Peregrinaxe musical a Compostela', producido por DADO-DADÁ RECORDS co que inaugura o seu propio selo discográfico (o primeiro de España creado para gravar, exclusivamente, os concertos de Jazz en vivo e en directo e convertilos en discografía)...