Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos - Confapa 2.63

4.8 star(s) from 6 votes
Rúa do Orzán, 21.
A Coruña, 15003
Spain

About Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos - Confapa

Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos - Confapa Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos - Confapa is a well known place listed as Education in A Coruña ,

Contact Details & Working Hours

Details

CONFAPA-GALICIA (Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos) é unha entidade social, galega, non confesional, progresista e independente, sen ánimo de lucro, fundada no ano 1987 polas Federacións Provinciais de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que traballa por unha escola pública de calidade, lograr o éxito escolar do todo o alumnado, democratizar o Ensino e mellorar as condicións da Infancia.

Somos a maior Confederación de ANPAs de Galicia, pois agrupamos a preto de 600 Asociacións de Nais e Pais do Alumnado, exclusivamente de Centros Públicos, asociadas as nosas catro federacións provinciáis, o que supón máis de 75.000 familias, coas que traballamos por unha escola pública de calidade, lograr o éxito escolar do todo o alumnado, democratizar o Ensino e mellorar as condicións da Infancia. Por iso somos o interlocutor principal das nais e país ante a Xunta de Galicia nas súas negociacións sobre as accións e políticas a impulsar no sistema educativo.

O noso domicilio está na rúa Orzán nº 21 de A Coruña, nun edificio cedido polo Concello desta cidade e que compartimos coa Federación Provincial da Coruña e o Consello Escolar Municipal.

CONFAPA-GALICIA ten por obxecto:

A) Acadar un ensino de alta calidade, gratuíto e que desenvolva a personalidade humana no respecto aos principios democráticos da convivencia e aos dereitos e liberdade, ao abeiro do que determina a Constitución Española de 1978 así como a Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.
B) Coordinar a actuación das Federacións Provinciais nela integradas en orde á mellor consecución dos seus obxectivos.
C) Representar ás Federacións asociadas ante a Administración Autónoma de Galicia e ante a Administración Central do Estado.
D) Fomentar o desenvolvemento das ANPAs e das Federacións constituídas por istas, promovendo cantas actividades sexan precisas, así como facilitando información e asesoramento ás ANPAs e Federacións.
E) Promover a participación das nais e pais de alumnos a través das ANPAs e Federacións destas nos órganos de goberno dos Centros Públicos e nos órganos de participación na Administración Educativa que a lexislación vixente determine.
F) Potenciar a lingua e cultura galegas.
G) Establecer relacións coas Federacións de ANPAs doutras Comunidades Autónomas e coa Confederación Española de ANPAs (CEAPA) e a Confédération Européenne des Parents de l'École Publique, (CEPEP)
H) Dar pulo á formación de nais e pais de alumnos e ao diálogo pais-docentes-equipos directivos.
I) Promover todo tipo de accións para que os grupos socialmente marxinais por motivos de etnia, diminución física, psíquica, sensorial ou de calquera outro tipo, sexan integrados nos Centros Educativos e admitidos con total normalidade na Comunidade Educativa.
Asemade potenciar calquera actividade que conduza á que a planificación dos programas educativos dea resposta á integración social, laboral, cultural e económica dos grupos citados.
J) Facilitar asesoramento legal a todos os membros asociados e, no seu caso, promover as correspondentes accións administrativas ou xudiciais tendentes a garantir os intereses e dereitos recoñecidos legalmente.
K) Promoción do uso do SOFTWARE LIBRE no sistema educativo público, tanto a nivel administrativo como na docencia, debido ao aforro que implica e ao pulo que supón para o desenvolvemento tecnolóxico.
Ademáis da nosa actividade conxunta entre as Federacións Provinciais, participamos a nivel estatal en CEAPA (Confederación Española de ANPAs) como integrantes do seu Consello Autonómico sendo a referencia galega a través da Vocalía de Galicia na Xunta Directiva. O Vocal de Galicia, fói elexido recentemente membro da Comisión Permanente de CEAPA.
Estamos presentes a través dos nosos asociados:
-No Consello Escolar de Galicia
-No Consello Escolar do Estado
-Nos Consellos Escolares Municipais
-Nas Comisións Escolares de Comedores
-Nas Comisións de Escolarización (Ed.Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos)
-No Observatorio Autonómico de Convivencia
-Nos Plans de Apoio ás familias
-Nas Comisións de Rutas Literarias, Rutas Científicas, etc.
-Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia.
-Alianza Social Galega

GRAZAS ÁS NOSAS REIVINDICACIÓNS, estes son só algúns dos logros de CONFAPA-GALICIA:

-Gratuidade dos libros de texto
-Acompañantes no transporte escolar e supresión das prazas de 2+1 nos autobuses.
-Apertura de comedores na escola pública a toda a comunidade educativa e aceptación das alumnas e alumnos de tres anos.
-Apertura de centros fóra do horario lectivo para o desenvolvemento de actividades lúdico-educativas.
-Elaboración de plans de convivencia e participación dun delegado de cada ANPA no Observatorio de Convivencia Escolar nos distintos Centros.
-Pese a considerar que os comedores escolares deben estar directamente xestionados pola Consellería de Educación, solicitamos axudas ao servizo de comedor escolar (Xunta e Concellos) postos en funcionamento e xestionados polas Anpas.
-Axudas para o servizo de almorzo/madrugadores nos Centros Públicos.
-Incidimos nunha maior dilixencia na cobertura de baixas docentes e persoal complementario nos centros públicos.
-Insistencia diante das distintas Administracións para a mellora nas instalacións e equipamentos dos centros públicos.
-Decreto do galego.
-Voto de nai e pai -ámbolos dous- nos Consellos Escolares

-Cunprimento das Leis Educativas esixindo un representante directo da ANPA no Consello Escolar de cada centro.
-Ampliación de horario de actividades en setembro e xuño (conciliación familia-traballo)
-Vixiancia e coidado de nenas e nenos dez minutos antes do horario propiamente escolar
-Subvencións ás Federacións e Confederacións
-Subvencións ás ANPAs para a realización de actividades extraescolares.

OBXECTIVOS:

-Basearnos na comunicación e na participación. Dar a coñecer a todas as ANPAs, sobre todo ás do rural, que é CONFAPA-GALICIA. Non podemos esquecer que para moitas das familias asociadas é unha entelequia: hailles que transmitir que CONFAPA é o instrumento máis forte e máis útil para negociar coas administracións, dado o prestixio de que goza desde hai anos.

-Transmitirlles que se as distintas Federacións Provinciais son as súas representantes, a unión de todas as Federacións Provinciais é a máxima representación coa que contan as nais e os pais.

-Apoiar todas as xustas reivindicacións das ANPAs do rural, que son nestes momentos as que están a sofrir os maiores recortes e as máis desprotexidas pola dispersión demográfica que existe nestas zonas. É importante incidir nas súas reivindicacións no que se refire á falta de especialistas e aos problemas no transporte escolar.
.
A escolarización gratuita de 0 a 18 anos dentro da rede pública, incluíndo as actividades complementarias e extraescolares, os libros e demais materiais, así como os servizos de comedor e transporte.

Unha escola democrática e participativa, coa intervención na súa xestión de nais, pais e alumnado mediante as súas asociacións.

O éxito escolar de todos os nenos e pícaras, mediante unha educación que atenda á diversidad e garanta a igualdade de oportunidades.

Unha educación humanista e científica, orientada ao pleno desenvolvemento da personalidade e ao fomento de hábitos intelectuais e de traballo, e do espírito crítico.

Unha escola moderna, orientada á adquisición de competencias básicas por parte do alumnado e que utilice as tecnoloxías da información e a comunicación no proceso de ensino-aprendizaxe.

Unha escola que forme no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais, nos valores da paz e a solidariedade, e no exercicio da tolerancia e a liberdade.

Unha escola laica, onde o adoctrinamiento estea totalmente desterrado.

Unha educación obligatoria que capacite para o exercicio dunha profesión ou para a continuación de estudos superiores, dentro dunha concepción ampla de "formación ao longo de toda a vida", así como para o goce do lecer.

Unha escola alegre e divertida.

OTHER PLACES NEAR CONFEDERACIóN GALEGA DE ANPAS DE CENTROS PúBLICOS - CONFAPA

Show more »