Centro de Interpretación Ambiental de Compostela 3.34

Parque de Belvís, Camiño da Ameixaga s/n
Santiago de Compostela,
Spain

About Centro de Interpretación Ambiental de Compostela

Centro de Interpretación Ambiental de Compostela Centro de Interpretación Ambiental de Compostela is a well known place listed as Education in Santiago De Compostela , Environmental Conservation in Santiago De Compostela ,

Contact Details & Working Hours

Details

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) é un espazo dedicado á mellor comprensión da nosa cidade, do seu medio natural e da necesidade da súa preservación cara ás novas xeracións. Unha cidade diversa, composta por múltiples elementos que dependen uns dos outros. Un espazo humano complexo, no que se produce e consome enerxía, auga e materias primas, onde viven e conviven unha gran diversidade de ideas, opinións, culturas e xentes, que teñen a necesidade de se relacionaren entre si e co medio que os rodea.

O CIAC levaravos pola complexidade da cidade de Compostela. Polos fluxos de entrada de enerxía, auga e subministracións básicas. Polos procesos de transformación e uso, e os residuos xerados neles. Polas comunicacións que fan posible o seu funcionamento integrado. Polos diferentes espazos e ecosistemas, así como pola intervención das autoridades locais para faceren de Santiago unha cidade integrada no seu contorno, sustentable e comprometida coa conservación da biodiversidade.

Horario de inverno (1 de outubro - 14 de xuño):
sábados, domingos e festivos
10:30 - 13:30
16:00 - 18:00
Horario de verán (15 de xuño - 30 de setembro)

de martes a venres
17:00 - 19:00
sábados, domingos e festivos
11:00 - 14:00
17:00 - 19:00

Visitas concertadas

Fóra destes horarios podense concertar visitas para grupos de máis de 10 persoas.
Podes chamarnos ao teléfono 981 543 145 ou enviarnos un email.

OTHER PLACES NEAR CENTRO DE INTERPRETACIóN AMBIENTAL DE COMPOSTELA

Show more »