Bergondo Participa 2.21

Ctrá. da Coruña - Ferrol, nº 12
Bergondo, 15165
Spain

About Bergondo Participa

Bergondo Participa Bergondo Participa is a well known place listed as Community Organization in Bergondo ,

Contact Details & Working Hours

Details

Normas de comportamento Bergondo Participa:

Esta páxina de Facebook é un lugar de encontro que o Concello de Bergondo abre ao público en xeral. Queremos que sexa un espazo para compartir información acerca da elaboración do Plan de Urbanismo e escoitarnos, polo que invitamos a que interveñas cos teus comentarios e suxerencias.
Para garantir unha convivencia respectuosa, establecemos unhas normas básicas de comportamento que determinan qué tipo de contido é aceptable e cál pode ser denunciado e/ou eliminado.
Os contidos serán continuamente revisados e reservámonos o dereito a retirar sen previo aviso calquera publicación non relacionada coa temática da páxina ou que inclúa algunha das seguintes particularidades:
• Contido ofensivo, insultante, difamatorio, inxurioso, calumnioso, humillante e/ou discriminatorio que poida molestar á sensibilidade de outros usuarios, incitar ao odio ou atacar a un individuo ou grupo polas súas opinións, crenzas, raza, orixe étnico, relixión, discapacidade, sexo, idade, ideoloxía política, estado de saúde ou orientación sexual.
• Contido de carácter agresivo, intimidatorio, abusivo, ameazador ou de incitación á violencia que vulnere os dereitos a terceiros.
• Contido sexual explícito, erótico, obsceno, indecente, profano, pornográfico, sádico, desagradable ou de violencia gráfica.
• Contido comercial e/ou publicitario (Spam): anuncios, propaganda, publicidade, promocións, sorteos, concursos e/ou calquera contido que promocione produtos, servizos, eventos, empresas ou sitios web de terceiras partes.
• Material que faga referencia a terceiros de maneira ofensiva, difamatoria ou inxuriosa.
• Contido que invada dereitos de privacidade ou que conteña información persoal de terceiros (teléfonos, direccións de email, domicilio, data de nacemento, etc.).
• Contido que viole dereitos de autor, marcas comerciais, patentes ou outros dereitos de propiedade intelectual.
• Contido con información falsa, enganosa, inexacta, fraudulenta ou que promova actividades ilícitas.
• Material que conteña virus, código malintencionado, arquivos corruptos e/ou calquera outro software que ameace a seguridade ou privacidade doutros usuarios ou que poda danar a operatividade de equipos de terceiros.
• Contido que fomente accións fraudulentas ou encamiñadas á captación progresiva de clientes e/ou á recollida de información doutros usuarios.
• Contido que viole calquera lei autonómica, nacional ou internacional.
Ante condutas que atenten repetidamente contra estas normas de comportamento, reservámonos o dereito a bloquear a participación do usuario nesta páxina.
Os contidos compartidos por outros usuarios nesta páxina non representan necesariamente as opinións ou puntos de vista de Bergondo Participa. Polo tanto, non garantimos a exactitude dos contidos publicados por terceiros e non nos facemos responsables das súas consecuencias ou interpretacións.
Aínda que revisamos regularmente esta páxina, pode que non poidamos darche unha resposta inmediata ás túas mensaxes ou comentarios. Intentaremos responder o máis rápido posible a todas as consultas e inquietudes.
Moitas grazas.