Almacenes Clarita 2.5

Plaza De La Herrería, 10
Pontevedra, 36002
Spain

About Almacenes Clarita

Almacenes Clarita Almacenes Clarita is a well known place listed as Shopping/retail in Pontevedra , Home Decor in Pontevedra , Textiles in Pontevedra ,

Contact Details & Working Hours

Details

"Las tiendas de todo para todo" é un dos "mantras" da memoria colectiva desta cidade. Polo megáfono de Pasarón soa ese lema dende quen sabe cando.
Almacenes Clarita, na praza da Ferraría, leva aberto desde 1916, co nome co que se coñecía a Clara López, aínda que xa antes, a súa nai, María Santiago, vendía mandís e teas na antiga feira que se celebraba naquela praza, e tiña un baixo nun edificio que se derrubou para logo crear o actual, no que se atopa este establecemento que, posteriormente, se ampliou a outro local fronte del.
Xa na cuarta xeración da familia, sempre baixo o recordo da "alma mater", Almacenes Clarita segue a ser toda unha referencia a hora de fecerse con teas, alfombras, panos, sabas e moitos artigos relacionados con ese sector.
Lembrar a Clara López é lembrar a unha muller chea de forza, capaz, en tempos ben complicados, de sacar adiante un negocio de éxito e tamén a unha familia de sete fillos da que ela mesmo se ocupaba.
Sempre ao pé do seu negocio, aínda a recordamos tras a caixa dos seus establecementos cobrando e falando coa clientela. Clientela como se adoita dicir, de toda a vida.
Hoxe en día, sempre cunha sorrisa amable o seu bisneto segue os seus pasos con moitisimas modernidades e a boa calidade coa que se caraterizan os productos.
Todo o que se che pase pola cabeza para vestir, adornar ou renovar o teu fogar atoparalo aquí. Estaremos encantados de aconsellarte!!!