A navalla suiza 1.79

Rúa das Hedras, 6, 2ºH
Amés, 15895
Spain

About A navalla suiza

A navalla suiza A navalla suiza is a well known place listed as Professional Services in Amés , Web Design in Amés ,

Contact Details & Working Hours

Details

Somos unha empresa multidisciplinar centrada na realización e asesoramento de proxectos webs. Gústanos a cultura, os servizos e os proxectos baseados no vídeo online. Somos artesáns do desenvolvemento, por iso non facemos dous traballos iguais, todos están feitos á medida, pensados dende cero para que cubran as necesidades dos nosos clientes.

A navalla suíza diríxese a todo aquel que teña unha idea e queira desenvolvela en internet, a todo aquel que queira mellorar a súa presenza na rede, a todo aquel que queira ir un paso máis aló e lle queira sacar o máximo rendemento a súa idea.

Para isto empregamos ferramentas de código aberto, ferramentas que desenvolvemos nós mesmos en moitos casos e que están á disposición de todo aquel que queira usalas. Desenvolvendo as nosas propias ferramentas asegurámonos de que non haxa nada que non se poida facer e que sempre estea na man de todo o mundo cambialo.

O noso principal obxectivo é a innovación, o desenvolvemento de ferramentas e formatos que melloren os nosos proxectos, que nos permitan achegar aos nosos clientes os mellores resultados devolvéndolle á sociedade parte da inversión.

OTHER PLACES NEAR A NAVALLA SUIZA

Show more »